Queridas familias:
Nesta unidade didáctica seguiremos traballando cos nenos e nenas no recoñecemento das distintas dependencias da casa e nas actividades que realizamos nelas. Tamén os iniciaremos na orientación temporal co recoñecemento do día e da noite. Así mesmo, darémoslles a coñecer a festa de carnaval.
Ao mesmo tempo, os vosos fillos e fillas seguirán progresando na adquisición de hábitos de coidado persoal, alimentación e hixiene. Desenvolverán estratexias para satisfacer de xeito cada vez máis autónomo as súas necesidades básicas e falarémoslles da importacia da auga e da súa utilización responsable.
Ademáis, terán que recoñecer a cantidade e a grafía do número dous, as cores vermella e amarela e realizaremos actividades para que os nenos e as nenas aprendan a clasificar obxectos e nos saiban dicir se pertencen ou non a unha colección determinada.
Igualmente, nesta unidade didáctica aprenderemos a discriminar entre cerca e lonxe, e alto e baixo.
A continuación propoñémosvos algunhas das actividades que podedes realizar cos vosos fillos e fillas:
- Preparade con eles un disfrace de carnaval.
- Xogade xuntos ás construcións e pedídelles que realicen torres altas ou baixas.
- Ensinádeos a lavar os dentes cun cepillo.
- Observade xuntos o ceo. Nomeade os elementos que podedes ver: se é día (sol, nubes); e se é noite (lúa, estrelas).
- Cando paseedes con eles, preguntádelles se un determinado elemento, por exemplo, un autobús, un edificio ou un semáforo, se atopa cara ou lonxe de vos.
- Xogade con eles a nomear obxectos que sexan de cor vermella ou de cor amarela,
Ademáis, podedes realizar calquera outra actividade que sirva para compartir cos vosos fillos as súas aprendizaxes de cada día.