Visita de Papá Noel
La semana pasada Papá Noel visitó la escuela, aquí os dejamos algunas fotos de su visita
martes, 30 de decembro de 2014
venres, 26 de decembro de 2014
xoves, 27 de novembro de 2014
Menú de Diciembre
Hola familias:
Aquí tenéis el menú que disfrutarán los niños y niñas de la escuela durante el mes de diciembre. Deseamos que sea de vuestro agrado.
Aquí tenéis el menú que disfrutarán los niños y niñas de la escuela durante el mes de diciembre. Deseamos que sea de vuestro agrado.
martes, 11 de novembro de 2014
CONTIDOS DA 2ª UNIDADE DO PRIMEIRO TRIMESTRE- Aulas de 2 a 3 anos
Queridas familias:
Nesta unidade queremos que os vosos fillos aprendan a recoñecer algúns dos cambios que se producen na paisaxe durante o outono e que identifiquen fenómenos atmosféricos que acompañan a esta estación, como o vento e a chuvia.
Tamén traballaremos cos alumnos/as o valor das festas de Nadal e darémoslles a coñecer os nosos costumes e tradicións. Falarémoslles de Papá Noel e dos Reis Magos e ampliaremos os seus coñecementos acerca dos alimentos, axudándolles a distinguir entre os que son doces e os salgados.
Ademáis, nesta unidade didática os alumnos/as terán que diferenciar entre un e moitos, recoñecer a cantidade e grafía do número 1 e identifidar elementos que se atopan na mesma posición ou en diferentes: arriba ou abaixo.
Así mesmo, os nenos e as nenas irán ampliando o seu vocabulario, ensinarémoslles poesías e panxoliñas e familiarizaranse con algún instrumento musical, como a pandeireta.
A continuación propoñémosvos algunhas das actividades que podedes realizar cos vosos fillos e fillas:
- Cando saiades a pasear con eles pedídelles que se fixen nas follas das árbores, en como cambiaron de cor e nas follas que hai no chan. Preguntádelles se hai unha ou moitas follas.
- Xogade a localizar obxectos situados nas posicións de arriba e abaixo.
- Pedídelles que colaboren, na medida das súas posibilidades, nas tarefas domésticas, como por exemplo, en recoller os seus xoguetes ou levar a súa roupa sucia ao cesto.
- Ensinádelles a poñer eles sós as chaquetas e os abrigos.
- Contádelle a historia dos Reis Magos.
- Cantade una panxoliña que recordedes de cando erades pequenos e facede que os vosos fillos a interpreten.
Ademáis, podedes realizar calquera outra actividade que sirva para compartir cos vosos fillos as súas aprendizaxes de cada día.
Menú de Noviembre
Buenos días familias:
Os dejamos el menú que comerán los niños y niñas de la escuela en el mes de noviembre. También está colgado desde la semana pasada en el tablón de la escuela. Esperamos que sea del agrado de todos.
Os dejamos el menú que comerán los niños y niñas de la escuela en el mes de noviembre. También está colgado desde la semana pasada en el tablón de la escuela. Esperamos que sea del agrado de todos.
luns, 10 de novembro de 2014
Educasaúde bebé
Estos días hemos celebrado en la escuela el taller para toda la familia de Educasaúde, actividad organizada desde el Servicio Municipal de Educación y la Fundación María José Jove. Hoy os mostramos la primera sesión que tuvo lugar en el aula de bebés.
Día del Samaín
Con motivo del día del Samaín en el aula de 1 a 2 años hicieron un photocall y unas naranjas terroríficas. Os dejamos unas fotos...
martes, 4 de novembro de 2014
mércores, 15 de outubro de 2014
CONTIDOS QUE TRABALLAREMOS NO 1º TRIMESTRE
Grupo de 2 a 3 anos
Ola papás e mamás:
É probable que para moitos dos vosos fillos e fillas sexa a primeria vez que inician o seu proceso educativo no ámbito escolar, por iso, neste primeiro trimestre, o noso obxectivo fundamental vai a ser lograr a adaptación dos nenos e nenas á escola e ás rutinas diarias da aula. E de xeito moi especial traballaremos para que se desenvolvan sentimentos de afecto, seguridade e confianza nas relacións coas mestras e os compañeiros.
A mascota do grupo será Polbo, él nos axudará a coñecer os diferentes espazos da aula e a súa utilización, para que poidan desenvolverse na clase con autonomía.
Ademáis, identificaremos o círculo e a cor vermella, discriminaremos entre grande-pequeno, un-en grupo, arriba-abaixo, dentro-fora e igual-diferente.
Ampliarán o seu vocabulario e practicarán distintas formas de comunicación, aprendendo a verbalizar os seus desexos e sentimentos, cantando e disfrutando cos contos e xogos de palabras.
Para inicialos na lóxica matemática, realizaremos distintos xogos (meter e sacar obxectos de diferentes recipientes, enroscar e desenroscar, construir torres...)que favorezcan a observación e a capacidade de deducción.
Vos podedes reforzar estos aprendizaxes con actividades na casa:
- Conversade co voso fillo e filla acerca da escola: preguntádelle o que fai, o que máis lle gusta, animádeo a que vos diga os nomes das profes e dos compañeiros.
- Xogade a buscar e nomear obxectos de cor vermella.
- Mostrádelles dous obxectos iguais de diferentes tamaños e indicádelles que vos digan cal é o máis grande e cal o máis pequeno.
- Pedídelles que recollan os xoguetes cando rematen de xogar.
- Mirade con eles libros de imáxenes e contadelles contos axeitados a súa idade.
- Cantade xuntos cancións...
Non vos olvidedes de estimular o seu aprendizaxe felicitando sempre aos nenos e nenas polos logros conseguidos.
Moitas gracias familias!!!
CONTIDOS QUE TRABALLAREMOS NO 1º TRIMESTRE
Grupo de 1 a 2 anos
Ola familias:
Fai pouco máis dun mes, os vosos fillos e fillas
incorporáronse a nosa escola para comezar unha etapa de aprendizaxe que vai a
ser decisiva nos súas vidas.
Acompañados de Peixe, a nosa mascota de grupo, durante este
primeiro trimestre o noso obxectivo será conseguir a adaptación dos nenos e
nenas ás rutinas dirarias da aula: alimentación, hixiene, sono e convivencia.
Para que se vaian coñecendo a sí mesmos, realizaremos actividades que lles permitan identificar as partes do corpo, comezando pola cara (boca, ollos, nariz e orellas) e seguindo co recoñocemento da mans e pés. Traballaremos o gateo, o movemento de marcha e a subir e baixar escaleiras.
Iniciarémonos na utilización da culler e do vaso, e realizaremos actividades que favorezcan a relación cos compañeiros. Tamén aprenderemos a saudar e a despedirnos.
Ensinarémoslles aos nenos a expresar e comunicar as súas necesidades (fame, sono, sede...) e a recoñecer en sí mesmos e nos demáis os sentimentos de alegría e tristeza.
Para inicialos na lóxica matemática, deseñamos distintos xogos (meter e sacar obxectos en distintos recipientes, enroscar e desenroscar, atopar un obxecto agochado...) que favorecen a observación e a capacidade de deducción.
Todas estas actividades terán mellores resultados se vos dende a casa reforzades o traballo da escola con cousas tan sinxelas como:
- Deixalos que anden sos e evitar levalos no colo.
- Realizar xogos coas mans e cos pés.
- Favorecer o uso da culler e do vaso.
- Falar con eles da escola, da súa mestra e dos seus compañeiros.
- Xogar a meter e sacar obxectos en distintos recipientes.
- Mirar con eles libros e contarlles contos axeitados a súa idade.
- Cantar xuntos cancións...
Non hay qu esquecer que a mellor forma de estimular a aprendizaxe dos pequenos é aproveitar todas as oportunidades que teñamos para demostrarlles o noso agarimo, felicitándolos polos logros adquiridos.
Moitas gracias pola vosa colaboración!!!
luns, 29 de setembro de 2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)