mércores, 14 de xaneiro de 2015

CONTIDOS QUE TRABALLAREMOS NO 2º TRIMESTRE GRUPO DE 2 A 3 ANOS



Nesta unidade didáctica quremos que os vosos fillos observen algúns dos cambios que se producen na paisaxe durante o inverno. Tamén que saiban relacionar o frio e a neve con esta estación e que recoñezan as prendas de abrigo que utilizamos para protexernos do frio e os obxectos que nos proporcionan calor.

Ademáis, queremos que os nenos e nenas coñezan como é unha casa por dentro, identifiquen algúns dos elementos que podemos atopar na rúa e adquiran normas de educación viaria.

Igualmente, nesta unidade didáctica os alumnos terán que discriminar entre dentro e fóra e poucos e moitos. Tamén, realizaremos actividades para que recoñezan o cadrado, o número 2 e as cores vermella e amarela.

A continuación propoñémosvos alguhas das actividades que podedes realizar cos vosos fillos:

  • Facede percorridos pola casa, nomeando cada unha das dependencias e os obxectos que hai nelas.
  • Xogade xuntos ás construcións e a xogos relacionados coa vida doméstica, como facer comidiñas, varrer ou planchar.
  • Cando saiades a pasear, nomeade os diferentes elementos que atopedes na rúa: papeleira, farol, caixa de correo..., e explicádelles aos nenos a súa utilidade.
  • Ensinádelles que hai que respectar os semáforos e dicídelles cando deben cruzar a calzada e cando non o poden facer.
  • Xogade con eles a nomear obxectos que sexan de cor vermella e outros que sexan de cor amarela.
  • Preguntádelles se hai moitos ou poucos elementos dun conxunto determinado.
Ademáis, podedes realizar calquera outra actividade que sirva para compartir cos vosos fillos as súas aprendizaxes de cada día.
CONTIDOS QUE TRABALLAREMOS NO 2º TRIMESTRE

GRUPO DE 1 A 2 ANOS

Queridas familias:

Drurante este trimestre pertendemos que os nenos e as nenas continúen progresando nas súas habilidades e destrezas motoras e logren unha maior autonomía na realización das súas actividades.

Para que se vaian coñecendo a sí mesmos, realizaremos actividades que lles permitan identificar as posibilidades motrices e perceptivas dos seus brazos e pernas e poidan lograr un maior equilibrio á hora de desprazarse, en especial, ao correr e baixar e subir escaleiras.

Ensinarémoslles a comer sós, utilizando a culler, e a usar correctamente algúns obxectos de aseo. Tamén irán adquirindo hábitos de hixiene e de limpeza, lavando e secando as mans antes e despois de cada comida. Así mesmo, iniciarémolos no hábito de ordenar e recoller os xoguetes da aula.

Para ampliar o seu coñecemento do medio, terán que recoñecer o frio e a calor. E nomear alguahas das pezas de vestir que utilizamos para protexernos do frio. Ademáis, falaremos dalgunhas personas, lugares e medios de transporte que eles coñecen cando saen da casa: o médico, o parque, o coche.

No que se refire á linguaxe, iremos ampliando o seu vocabulario e aprenderán novas cancións e series.

Para inicialos na lóxica matemática, propoñemos distintos xogos (meter e sacar obxectos en diferentes recipientes, enroscar e desenroscar, amorear unha serie de bloques...) que favorecen a observación e a capacidade de deducción.

A actividade escolar terá mellores resultados se temos en conta que pode reforzarse con moitas das actividades que de xeito cotián realizamos na casa:

  • Deixádelles que suban e baixen as escaleiras a eles sós.
  • Xogade cos vosos fillos ao pilla-pilla.
  • Lavade xuntos as mans antes e despoís das comidas.
  • Permitídelles que coman sós con culler.
  • Ensinádelles a recoller os xoguetes cando rematen de xogar.
  • Falade con eles do que ides facer cando vaiades mercar á panadería, ao mercado, ao parque...
  • Nomeádelles obxectos cotiáns para que repitan os seus nomes.
  • Cantade xuntos cancións.
Non hai que esquecer, por último, que a mellor forma de estimular a aprendizaxe dos pequenos e aproveitar todas as oportunidades que teñamos para demostralles o noso agarimo. E, naturalmente, felicitalos polos logros conseguidos.