CONTIDOS QUE TRABALLAREMOS NO 2º TRIMESTRE
GRUPO DE 1 A 2 ANOS
Queridas familias:
Drurante este trimestre pertendemos que os nenos e as nenas continúen progresando nas súas habilidades e destrezas motoras e logren unha maior autonomía na realización das súas actividades.
Para que se vaian coñecendo a sí mesmos, realizaremos actividades que lles permitan identificar as posibilidades motrices e perceptivas dos seus brazos e pernas e poidan lograr un maior equilibrio á hora de desprazarse, en especial, ao correr e baixar e subir escaleiras.
Ensinarémoslles a comer sós, utilizando a culler, e a usar correctamente algúns obxectos de aseo. Tamén irán adquirindo hábitos de hixiene e de limpeza, lavando e secando as mans antes e despois de cada comida. Así mesmo, iniciarémolos no hábito de ordenar e recoller os xoguetes da aula.
Para ampliar o seu coñecemento do medio, terán que recoñecer o frio e a calor. E nomear alguahas das pezas de vestir que utilizamos para protexernos do frio. Ademáis, falaremos dalgunhas personas, lugares e medios de transporte que eles coñecen cando saen da casa: o médico, o parque, o coche.
No que se refire á linguaxe, iremos ampliando o seu vocabulario e aprenderán novas cancións e series.
Para inicialos na lóxica matemática, propoñemos distintos xogos (meter e sacar obxectos en diferentes recipientes, enroscar e desenroscar, amorear unha serie de bloques...) que favorecen a observación e a capacidade de deducción.
A actividade escolar terá mellores resultados se temos en conta que pode reforzarse con moitas das actividades que de xeito cotián realizamos na casa:
- Deixádelles que suban e baixen as escaleiras a eles sós.
- Xogade cos vosos fillos ao pilla-pilla.
- Lavade xuntos as mans antes e despoís das comidas.
- Permitídelles que coman sós con culler.
- Ensinádelles a recoller os xoguetes cando rematen de xogar.
- Falade con eles do que ides facer cando vaiades mercar á panadería, ao mercado, ao parque...
- Nomeádelles obxectos cotiáns para que repitan os seus nomes.
- Cantade xuntos cancións.
Non hai que esquecer, por último, que a mellor forma de estimular a aprendizaxe dos pequenos e aproveitar todas as oportunidades que teñamos para demostralles o noso agarimo. E, naturalmente, felicitalos polos logros conseguidos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario