mércores, 15 de outubro de 2014

CONTIDOS QUE TRABALLAREMOS NO 1º  TRIMESTRE 

Grupo de 1 a 2 anos



Ola familias:

Fai pouco máis dun mes, os vosos fillos e fillas incorporáronse a nosa escola para comezar unha etapa de aprendizaxe que vai a ser decisiva nos súas vidas.

Acompañados de Peixe, a nosa mascota de grupo, durante este primeiro trimestre o noso obxectivo será conseguir a adaptación dos nenos e nenas ás rutinas dirarias da aula: alimentación, hixiene, sono e convivencia.
Para que se vaian coñecendo a sí mesmos, realizaremos actividades que lles permitan identificar as partes do corpo, comezando pola cara (boca, ollos, nariz e orellas) e seguindo co recoñocemento da mans e pés. Traballaremos o gateo, o movemento de marcha e a subir e baixar escaleiras.
Iniciarémonos na utilización da culler e do vaso, e realizaremos actividades que favorezcan a relación cos compañeiros. Tamén aprenderemos a saudar e a despedirnos.
Ensinarémoslles aos nenos a expresar e comunicar as súas necesidades (fame, sono, sede...) e a recoñecer en sí mesmos e nos demáis os sentimentos de alegría e tristeza.
Para inicialos na lóxica matemática, deseñamos distintos xogos (meter e sacar obxectos en distintos recipientes, enroscar e desenroscar, atopar un obxecto agochado...) que favorecen a observación e a capacidade de deducción.
Todas estas actividades terán mellores resultados se vos dende a casa reforzades o traballo da escola con cousas tan sinxelas como:
  • Deixalos que anden sos e evitar levalos no colo.
  • Realizar xogos coas mans e cos pés.
  • Favorecer o uso da culler e do vaso.
  • Falar con eles da escola, da súa mestra e dos seus compañeiros.
  • Xogar a meter e sacar obxectos en distintos recipientes.
  • Mirar con eles libros e contarlles contos axeitados a súa idade.
  • Cantar xuntos cancións...
Non hay qu esquecer que a mellor forma de estimular a aprendizaxe dos pequenos é aproveitar todas as oportunidades que teñamos para demostrarlles o noso agarimo, felicitándolos polos logros adquiridos.

Moitas gracias pola vosa colaboración!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario