CONTIDOS QUE TRABALLAREMOS NO 1º TRIMESTRE
Grupo de 2 a 3 anos
Ola papás e mamás:
É probable que para moitos dos vosos fillos e fillas sexa a primeria vez que inician o seu proceso educativo no ámbito escolar, por iso, neste primeiro trimestre, o noso obxectivo fundamental vai a ser lograr a adaptación dos nenos e nenas á escola e ás rutinas diarias da aula. E de xeito moi especial traballaremos para que se desenvolvan sentimentos de afecto, seguridade e confianza nas relacións coas mestras e os compañeiros.
A mascota do grupo será Polbo, él nos axudará a coñecer os diferentes espazos da aula e a súa utilización, para que poidan desenvolverse na clase con autonomía.
Ademáis, identificaremos o círculo e a cor vermella, discriminaremos entre grande-pequeno, un-en grupo, arriba-abaixo, dentro-fora e igual-diferente.
Ampliarán o seu vocabulario e practicarán distintas formas de comunicación, aprendendo a verbalizar os seus desexos e sentimentos, cantando e disfrutando cos contos e xogos de palabras.
Para inicialos na lóxica matemática, realizaremos distintos xogos (meter e sacar obxectos de diferentes recipientes, enroscar e desenroscar, construir torres...)que favorezcan a observación e a capacidade de deducción.
Vos podedes reforzar estos aprendizaxes con actividades na casa:
- Conversade co voso fillo e filla acerca da escola: preguntádelle o que fai, o que máis lle gusta, animádeo a que vos diga os nomes das profes e dos compañeiros.
- Xogade a buscar e nomear obxectos de cor vermella.
- Mostrádelles dous obxectos iguais de diferentes tamaños e indicádelles que vos digan cal é o máis grande e cal o máis pequeno.
- Pedídelles que recollan os xoguetes cando rematen de xogar.
- Mirade con eles libros de imáxenes e contadelles contos axeitados a súa idade.
- Cantade xuntos cancións...
Non vos olvidedes de estimular o seu aprendizaxe felicitando sempre aos nenos e nenas polos logros conseguidos.
Moitas gracias familias!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario