mércores, 15 de outubro de 2014

CONTIDOS QUE TRABALLAREMOS NO 1º TRIMESTRE
Grupo de 2 a 3 anos


Ola papás e mamás:

É probable que para moitos dos vosos fillos e fillas sexa a primeria vez que inician o seu proceso educativo no ámbito escolar, por iso, neste primeiro trimestre, o noso obxectivo fundamental vai a ser lograr a adaptación dos nenos e nenas á escola e ás rutinas diarias da aula. E de xeito moi especial traballaremos para que se desenvolvan sentimentos de afecto, seguridade e confianza nas relacións coas mestras e os compañeiros.

A mascota do grupo será Polbo, él nos axudará a coñecer os diferentes espazos da aula e a súa utilización, para que poidan desenvolverse na clase con autonomía.
Ademáis, identificaremos o círculo e a cor vermella, discriminaremos entre grande-pequeno, un-en grupo, arriba-abaixo, dentro-fora e igual-diferente.
Ampliarán o seu vocabulario e practicarán distintas formas de comunicación, aprendendo a verbalizar os seus desexos e sentimentos, cantando e disfrutando cos contos e xogos de palabras.

Para inicialos na lóxica matemática, realizaremos distintos xogos (meter e sacar obxectos de diferentes recipientes, enroscar e desenroscar, construir torres...)que favorezcan a observación e a capacidade de deducción.

Vos podedes reforzar estos aprendizaxes con actividades na casa:
  • Conversade co voso fillo e filla acerca da escola: preguntádelle o que fai, o que máis lle gusta, animádeo a que vos diga os nomes das profes e dos compañeiros.
  • Xogade a buscar e nomear obxectos de cor vermella.
  • Mostrádelles dous obxectos iguais de diferentes tamaños e indicádelles que vos digan cal é o máis grande e cal o máis pequeno.
  • Pedídelles que recollan os xoguetes cando rematen de xogar.
  • Mirade con eles libros de imáxenes e contadelles contos axeitados a súa idade.
  • Cantade xuntos cancións...
Non vos olvidedes de estimular o seu aprendizaxe felicitando sempre aos nenos e nenas polos logros conseguidos.

Moitas gracias familias!!!


CONTIDOS QUE TRABALLAREMOS NO 1º  TRIMESTRE 

Grupo de 1 a 2 anos



Ola familias:

Fai pouco máis dun mes, os vosos fillos e fillas incorporáronse a nosa escola para comezar unha etapa de aprendizaxe que vai a ser decisiva nos súas vidas.

Acompañados de Peixe, a nosa mascota de grupo, durante este primeiro trimestre o noso obxectivo será conseguir a adaptación dos nenos e nenas ás rutinas dirarias da aula: alimentación, hixiene, sono e convivencia.
Para que se vaian coñecendo a sí mesmos, realizaremos actividades que lles permitan identificar as partes do corpo, comezando pola cara (boca, ollos, nariz e orellas) e seguindo co recoñocemento da mans e pés. Traballaremos o gateo, o movemento de marcha e a subir e baixar escaleiras.
Iniciarémonos na utilización da culler e do vaso, e realizaremos actividades que favorezcan a relación cos compañeiros. Tamén aprenderemos a saudar e a despedirnos.
Ensinarémoslles aos nenos a expresar e comunicar as súas necesidades (fame, sono, sede...) e a recoñecer en sí mesmos e nos demáis os sentimentos de alegría e tristeza.
Para inicialos na lóxica matemática, deseñamos distintos xogos (meter e sacar obxectos en distintos recipientes, enroscar e desenroscar, atopar un obxecto agochado...) que favorecen a observación e a capacidade de deducción.
Todas estas actividades terán mellores resultados se vos dende a casa reforzades o traballo da escola con cousas tan sinxelas como:
  • Deixalos que anden sos e evitar levalos no colo.
  • Realizar xogos coas mans e cos pés.
  • Favorecer o uso da culler e do vaso.
  • Falar con eles da escola, da súa mestra e dos seus compañeiros.
  • Xogar a meter e sacar obxectos en distintos recipientes.
  • Mirar con eles libros e contarlles contos axeitados a súa idade.
  • Cantar xuntos cancións...
Non hay qu esquecer que a mellor forma de estimular a aprendizaxe dos pequenos é aproveitar todas as oportunidades que teñamos para demostrarlles o noso agarimo, felicitándolos polos logros adquiridos.

Moitas gracias pola vosa colaboración!!!