martes, 26 de abril de 2016

CELEBRACIÓN DIA DO LIBRO


O pasado sábado 23 de abril foi o día do libro, e quixemos celebralo adicando toda a semana á lectura de contos e actividades relacionadas cós mesmos na nosa escola.

Unha pequena mostra da nosa homenaxe a este día tan importante.


FOTOS OBRADOIRO DE MANEL


Aquí unha mostra do ben que o pasamos o venres co mestre e formador Manel Fernández Gallego.
Dende aquí queremos darlle as grazas por vir á nosa escola a xogar con nós e darnos a oportunidade de aprender tantísimas cousas.

Por outra banda, queremos dar as grazas ás familias que participaron no taller de tarde e tamén á ANPA da nosa escola.

Esperamos que Manel volva á nosa escola coa súa ledicia e coñecementos.


 











venres, 15 de abril de 2016

TALLER DE EXPRESIÓN CORPORAL, MUSICAL E VISUAL


O venres 22 de abril ás 17:30 horas Manuel Ángel Fernández Gallego, mestre, educador, formador e fundador do Proxecto (" Alegría, somriures i abraçades (ASA)") impartirá un taller dirixido a nais e país dos nen@s matriculados na nosa escola. O mesmo leva por nome
" Expresión corporal, musical e visual".

Dende umha perspectiva padagóxica e de forma práctica, entenderemos como os nenos e as nenas adquiren capacidades e habilidades mediante os sentidos e as emocións; tratando de poñernos na pel de os nosos fillos e fillas a nivel emocional, evolutivo e de aprendizaxe.

¡Animámosvos a participar!

Para máis información consultade á escola.


 
 
 
 

xoves, 14 de abril de 2016

PRAZAS OFERTADAS PARA O CURSO 2016/17


Informamos que as prazas ofertadas para o curso 2016/2017 na nosa escola son as seguintes:

- Grupo de 0 a 1 anos ( menores nacidos no ano 2016): 15 prazas
- Grupo de 1 a 2 anos (menores nacidos no ano 2015): 23 prazas
- Grupo de 2 a 3 anos (menores nacidos no ano 2014): 1 praza

VISITA Ó PLANETARIO

 
 

 


PROGRESOS NA MÚSICA E NA HORTA

Estas son unhas mostras dos avances no que levamos de curso. @s rapaces gozan cada día máis vendo os magníficos resultados.



 


 
 
 
 
 
 

A continuación podedes ver un vídeo dunha clase de música.

https://drive.google.com/file/d/0B5NBEztA-j2XdUdIWjBIenpsRWc/view?usp=sharing