xoves, 19 de marzo de 2020

AVISO PROPOSTAS ACTIVIDADES PARA CASA

Ola familias! Desexamos que estedes todos ben e que os pequechos e pequechas tamén. Hoxe recibíchedes un correo electrónico por parte da dirección no que van propostas de actividades que elaboraron as mestras, para que en caso de que as ideas en casa comecen a escasear e tamén por se queredes manter unha rutina similar á escola.
Todas as mestras mais a dirección da escola, mándanvos unha forte aperta a todas as familias e en especial aos mais pequenos e pequenas da casa. Confiamos voltar pronto á escola e poder compartir bos momentos con todos.
Moitos bicos. ¡Ata pronto!