mércores, 28 de febreiro de 2018

MENÚ MARZO-ABRIL ENTEIRO

 

 
 


 

MENÚS PAPILLAS

 
 

NOVIDADES MENÚS ENTEIROS

A partir do 1 de marzo disfrutaremos na escola dun novo menú elaborado e supervisado por dúas nutricionistas con ampla experiencia no deseño de menús escolares.

O menú está distribuído da seguinte maneira:
- Luns: o ingrediente principal será o ovo.
- Martes: exclusivamente proteína vexetal ( formada a base de cereal máis legumes).
- Mércores: peixe.
- Xoves: carne.
- Venres: peixe.

Utilizamos aceite de oliva virxe extra, cereais integrais, hortalizas e verduras de tempada e de postre, froita e iogur natural. Igual que ata agora, os alimentos elabóranse na cociña da escola e non utilizamos productos procesados. Disponemos dun menú apto para celíacos e adaptamos o xeral a posibles alerxias ou intolerancias alimentarias.

É un menú nutricionalmente completo, que a pesar de que por suposto precisa ser complementado de forma saudable na casa, intenta cubrir os déficits que soen ser máis comúns na alimentación infantil.

Combinamos ingredientes tradicionalmente presentes nos menús infantís con outros menos consumidos pero nutricionalmente moi valiosos.

Pode que ao principio os nenos e nenas non coman tanta cantidade de comida, por tratarse de sabores novidosos para algúns, pero o noso obxectivo non é que vaian "cheos" de comida, senón que aprendan a nutrirse e reciban os alimentos que o seu organismo precisa.


xoves, 15 de febreiro de 2018

VIDEO VISITA Á ESCOLA BEBETECA ÁGORA

O luns 22 de Xaneiro estiveron na nosa escola o equipo que conforma a bebeteca do Ágora e gozamos moito coa sesión de contos e a coa súa compaña.

Deixamos o enlace dun vídeo resumo da visita cos nenos de 2 a 3 anos.

https://youtu.be/JJXzE2Fahow

venres, 9 de febreiro de 2018

ENTROIDO 2018

Un resumo do gran día que pasamos na nosa escola infantil. A temática elixida fora as profesións, e cada tramo de idade tiña que ir dun sector diferente ( artístico, sanitario e sector servicios).
Globos, confetti e sobre todo, moita música e baile para festexalo. Vémonos de volta o mércores.
¡ Feliz entroido!

RAMA ARTÍSTICA







RAMA SANITARIA




RAMA SECTOR SERVICIOS