venres, 21 de decembro de 2018

FELICES FESTAS

O persoal da escola infantil Carmen Cervigón deséxavos unhas moi felices festas e un próspero ano novo 2019, e sobre todo saúde, alegría e moita felicidade.
Moitas apertas.


NADAL 2018























martes, 13 de novembro de 2018

PROXECTO: A LUA

Cada curso traballamos dous proxectos anuais, o primeiro está relacionado coa lúa.
Moitas grazas as familias por implicarse e facilitar material para poder realizar as actividades :)

















OUTONO 2018

Despois do comezo de curso e período de adaptación, puxémonos coas actividades do outono.
Aquí unha mostra dalgunhas delas.













mércores, 6 de xuño de 2018

CONTOS RECOMENDADOS: HERVÉ TULLET

Contos moi orixinais para a etapa de educación infantil (0-6 anos), con eles os nen@s descobren un mundo novo de experiencias contado dende outra perspectiva cas cores, tamaños, luces e sombras, etc... 






mércores, 25 de abril de 2018

ACTIVIDADES COAS FAMILIAS: SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE

Moitas grazas a Feli e José Luis, pais de Sara Martínez da aula 5, por vir á nosa escola e preparar unha sesión de psicomotricidade tan divertida.
Pasámolo moi ben e aprendimos moito.


mércores, 4 de abril de 2018

VISITA NAI DE XOÁN: ACTIVIDADE COAS FAMILIAS

Moitas grazas a Alba, a nai de Xoán, por colaborar con nós,acompañarnos unha mañá e ensinarnos tantas cousas :)


NOVO PROXECTO: AS PROFESIÓNS

Dende o mes de marzo estamos a traballar un novo proxecto: as profesións.
 Grazas á colaboración das familias que trouxeron diversos materiais relacionados coa temática, estamos facendo numerosas actividades. Aquí unha mostra dalgunha feita nas aulas 5 e 6.







mércores, 14 de marzo de 2018

DATAS INICIO PROCESO ADMISIÓN CURSO 2018/19


Informamos que o novo proceso de admisión para solicitar praza na nosa escola infantil iníciase o 17 de abril e remata o 4 de maio (ambos incluídos).

O noso horario de atención ó público será o seguinte:
- De Luns a Venres: de 9,30 a 14 horas.
- Luns, Martes e Xoves: de 16 a 17 horas.

Tamén teremos dúas xornadas de portas abertas para quen queira ver a escola:
- Martes 24 abril ás 16 horas.
- Xoves 26 abril ás 16 horas.

Toda a información relacionada con este proceso e un resumo dos proxectos que facemos atópanse nos seguintes enlaces:

http://edu.coruna.es/es/reim/proceso_de_admision_en_la_reim
http://edu.coruna.es/es/reim/escuelas_infantiles_municipales_eim/escuela_infantil_carmen_cervigon