xoves, 26 de febreiro de 2015

CONTIDOS DA 2ª UNIDADE DO 2º TRIMESTRE AULAS DE 1 A 2 ANOS



Queridas familias:

Nesta unidade didáctica seguiremos traballando cos nenos e nenas no recoñecemento das distintas dependencias da casa e nas actividades que realizamos nelas. Tamén os iniciaremos na orientación temporal co recoñecemento do día e da noite. Así mesmo, darémoslles a coñecer a festa de carnaval.

Ao mesmo tempo, os vosos fillos e fillas seguirán progresando na adquisición de hábitos de coidado persoal, alimentación e hixiene. Desenvolverán estratexias para satisfacer de xeito cada vez máis autónomo as súas necesidades básicas e falarémoslles da importacia da auga e da súa utilización responsable.

Ademáis, terán que recoñecer a cantidade e a grafía do número dous, as cores vermella e amarela e realizaremos actividades para que os nenos e as nenas aprendan a clasificar obxectos e nos saiban dicir se pertencen ou non a unha colección determinada.

Igualmente, nesta unidade didáctica aprenderemos a discriminar entre cerca e lonxe, e alto e baixo. 

A continuación propoñémosvos algunhas das actividades que podedes realizar cos vosos fillos e fillas:
  • Preparade con eles un disfrace de carnaval.
  • Xogade xuntos ás construcións e pedídelles que realicen torres altas ou baixas.
  • Ensinádeos a lavar os dentes cun cepillo.
  • Observade xuntos o ceo. Nomeade os elementos que podedes ver: se é día (sol, nubes); e se é noite (lúa, estrelas).
  • Cando paseedes con eles, preguntádelles se un determinado elemento, por exemplo, un autobús, un edificio ou un semáforo, se atopa cara ou lonxe de vos.
  • Xogade con eles a nomear obxectos que sexan de cor vermella ou de cor amarela,
Ademáis, podedes realizar calquera outra actividade que sirva para compartir cos vosos fillos as súas aprendizaxes de cada día.

xoves, 19 de febreiro de 2015

VISITA RESIDENCIA E CENTRO DE DIA PADRE RUBINOS


Como vos comentaba no post anterior, o venres de entroido fixemos unha visita aos abueliñ@s da Residencia que están  ao lado da escola.










ENTROIDO 2015



O venres os nosos rapaces y rapazas disfrazáronse de  hippies, bailaron, cantaron, xogaron e visitaron aos abueliños e abueliñas da Residencia e Centro de Día de Padre Rubinos.
Foi un día moi  movido e divertido.
Poñemos unha mostra dalgunhas fotos de grupo que fixemos no  photocall que as profes diseñaron para a ocasión.