Nesta unidade didáctica quremos que os vosos fillos observen algúns dos cambios que se producen na paisaxe durante o inverno. Tamén que saiban relacionar o frio e a neve con esta estación e que recoñezan as prendas de abrigo que utilizamos para protexernos do frio e os obxectos que nos proporcionan calor.
Ademáis, queremos que os nenos e nenas coñezan como é unha casa por dentro, identifiquen algúns dos elementos que podemos atopar na rúa e adquiran normas de educación viaria.
Igualmente, nesta unidade didáctica os alumnos terán que discriminar entre dentro e fóra e poucos e moitos. Tamén, realizaremos actividades para que recoñezan o cadrado, o número 2 e as cores vermella e amarela.
A continuación propoñémosvos alguhas das actividades que podedes realizar cos vosos fillos:
- Facede percorridos pola casa, nomeando cada unha das dependencias e os obxectos que hai nelas.
- Xogade xuntos ás construcións e a xogos relacionados coa vida doméstica, como facer comidiñas, varrer ou planchar.
- Cando saiades a pasear, nomeade os diferentes elementos que atopedes na rúa: papeleira, farol, caixa de correo..., e explicádelles aos nenos a súa utilidade.
- Ensinádelles que hai que respectar os semáforos e dicídelles cando deben cruzar a calzada e cando non o poden facer.
- Xogade con eles a nomear obxectos que sexan de cor vermella e outros que sexan de cor amarela.
- Preguntádelles se hai moitos ou poucos elementos dun conxunto determinado.
Ademáis, podedes realizar calquera outra actividade que sirva para compartir cos vosos fillos as súas aprendizaxes de cada día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario