O venres 22 de abril ás 17:30 horas Manuel Ángel Fernández Gallego, mestre, educador, formador e fundador do Proxecto (" Alegría, somriures i abraçades (ASA)") impartirá un taller dirixido a nais e país dos nen@s matriculados na nosa escola. O mesmo leva por nome
" Expresión corporal, musical e visual".
Dende umha perspectiva padagóxica e de forma práctica, entenderemos como os nenos e as nenas adquiren capacidades e habilidades mediante os sentidos e as emocións; tratando de poñernos na pel de os nosos fillos e fillas a nivel emocional, evolutivo e de aprendizaxe.
¡Animámosvos a participar!
Para máis información consultade á escola.
Iniciativa xenial! Gracias á escola por promover esta xornada!
ResponderEliminar