mércores, 28 de febreiro de 2018

NOVIDADES MENÚS ENTEIROS

A partir do 1 de marzo disfrutaremos na escola dun novo menú elaborado e supervisado por dúas nutricionistas con ampla experiencia no deseño de menús escolares.

O menú está distribuído da seguinte maneira:
- Luns: o ingrediente principal será o ovo.
- Martes: exclusivamente proteína vexetal ( formada a base de cereal máis legumes).
- Mércores: peixe.
- Xoves: carne.
- Venres: peixe.

Utilizamos aceite de oliva virxe extra, cereais integrais, hortalizas e verduras de tempada e de postre, froita e iogur natural. Igual que ata agora, os alimentos elabóranse na cociña da escola e non utilizamos productos procesados. Disponemos dun menú apto para celíacos e adaptamos o xeral a posibles alerxias ou intolerancias alimentarias.

É un menú nutricionalmente completo, que a pesar de que por suposto precisa ser complementado de forma saudable na casa, intenta cubrir os déficits que soen ser máis comúns na alimentación infantil.

Combinamos ingredientes tradicionalmente presentes nos menús infantís con outros menos consumidos pero nutricionalmente moi valiosos.

Pode que ao principio os nenos e nenas non coman tanta cantidade de comida, por tratarse de sabores novidosos para algúns, pero o noso obxectivo non é que vaian "cheos" de comida, senón que aprendan a nutrirse e reciban os alimentos que o seu organismo precisa.


2 comentarios:

  1. Enhorabuena por este cambio!Me encanta!!

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas polo teu apoio, Lucía. Ademais que o menú está sendo todo un éxito en xeral tanto para os pequenos como para os adultos.

    ResponderEliminar