martes, 26 de abril de 2016

CELEBRACIÓN DIA DO LIBRO


O pasado sábado 23 de abril foi o día do libro, e quixemos celebralo adicando toda a semana á lectura de contos e actividades relacionadas cós mesmos na nosa escola.

Unha pequena mostra da nosa homenaxe a este día tan importante.


FOTOS OBRADOIRO DE MANEL


Aquí unha mostra do ben que o pasamos o venres co mestre e formador Manel Fernández Gallego.
Dende aquí queremos darlle as grazas por vir á nosa escola a xogar con nós e darnos a oportunidade de aprender tantísimas cousas.

Por outra banda, queremos dar as grazas ás familias que participaron no taller de tarde e tamén á ANPA da nosa escola.

Esperamos que Manel volva á nosa escola coa súa ledicia e coñecementos.


 











venres, 15 de abril de 2016

TALLER DE EXPRESIÓN CORPORAL, MUSICAL E VISUAL


O venres 22 de abril ás 17:30 horas Manuel Ángel Fernández Gallego, mestre, educador, formador e fundador do Proxecto (" Alegría, somriures i abraçades (ASA)") impartirá un taller dirixido a nais e país dos nen@s matriculados na nosa escola. O mesmo leva por nome
" Expresión corporal, musical e visual".

Dende umha perspectiva padagóxica e de forma práctica, entenderemos como os nenos e as nenas adquiren capacidades e habilidades mediante os sentidos e as emocións; tratando de poñernos na pel de os nosos fillos e fillas a nivel emocional, evolutivo e de aprendizaxe.

¡Animámosvos a participar!

Para máis información consultade á escola.